Menu Xerais

“A cabeza de Medusa”, premio Fundación Caixa Galicia 2008

“A cabeza de Medusa”, premio Fundación Caixa Galicia 2008

O xurado da 3ª edición do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil dotado con 10.

“Xenaro e o misterio da mochilota verde”, Premio Merlín 2008

“Xenaro e o misterio da mochilota verde”, Premio Merlín 2008

O xurado da 23 ª edición do Premio Merlín de literatura infantil dotado con 10.

Manuel Lourenzo, Marilar Aleixandre e Mar Guerra, Premios Xerais 2008

Manuel Lourenzo, Marilar Aleixandre e Mar Guerra, Premios Xerais 2008

Na illa de San Simón, no concello de Redondela, o sábado, 7 de xuño, ditamináronse a XXVª edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.000 euros, a XXIIIª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros, e a IIIª edición do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros.

“O Globo de Shakespeare”, Premio Terra de Melide 2008

“O Globo de Shakespeare”, Premio Terra de Melide 2008

Anunciouse onte a obra gañadora do VIIIº Premio de Narrativa Terra de Melide: O Globo de Shakespeare de Santiago Jaureguízar. O xurado do certame, formado por Xesus Manuel Marcos, Xaquín Vázquez, Anton Pedreira, Óscar Sánchez e Manuel Bragado, entre as vinte e unha obras participantes, apostou por esta obra que propón unha viaxe tras o primeiro manuscrito de Hamlet que, supostamente, estaría agochado nun pazo de Ribadeo.

X.L. Méndez Ferrín, entrevista en «Luces»

X.L. Méndez Ferrín, entrevista en «Luces»

X.L. Méndez Ferrín, a raíz de obter o Premio Nacional de Literatura 2008, é entrevistado por Daniel Salgado en «Luces» de El Pais Galicia.

«Lía e as zapatillas de deporte», primeira crítica

«Lía e as zapatillas de deporte», primeira crítica

Isabel Soto publica en Lg3 a primeira crítica de Lía e as zapatillas de deporte, o libro escrito por María Reimóndez, ilustrado por Ivan Sende. O texto, titulado “literatura como vehículo de compromiso”, bai precedido deste parágrafo: “Unha novela que convida a reflexionar aos nenos e nenas sobre a súa responsabilidade en colaborar para facer un mundo máis xusto.

«Matemáticas» e «Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais» 1º de Bacharelato: novos libros do alumnado para o curso 2008-2009

«Matemáticas» e «Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais» 1º de Bacharelato: novos libros do alumnado para o curso 2008-2009

Matemáticas e Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais son os novos manuais para 1º de Bacharelato que presenta Edicións Xerais. Realizados por José María Arias Cabezas e Ildefonso Maza Sáez, recoñecidos profesores de instituto e investigadores da Universidade Autónoma de Madrid, cunha longa traxectoria como autores de libros de texto e materiais divulgativos.

“Palabras brancas”, crítica

“Palabras brancas”, crítica

Paula Fernández publica na súa sección do Faro da Cultura, dedicada ao seguimento crítico da literatura infantil, un texto ben fermoso sobre Palabras brancas, o poemario de Elvira Riveiro.

“A idade da auga”, crítica

“A idade da auga”, crítica

A crítica Dolores Martínez Torres publica no Faro da Cultura unha crítica sobre A idade da auga, o libro de relatos de James R. Salter.

“Atracción total”, adianto da crítica de X.M. Eyré

“Atracción total”, adianto da crítica de X.M. Eyré

O crítico X. M. Eyré adianta hoxe no seu blog as primeiras impresión críticas de Atracción total, o libro de narrativa de Carmen Blanco. Recollemos uns fragmentos do seu texto: “Xa adiantei que me parece un libro atrevido, equilibrio sen rede entre o literario e o non literario. Entre os lectores espertará admiradores apaixonados e detractores convencidos, aventuramos.

Programacións de Bacharelato

Programacións de Bacharelato

Nestes días comezamos a subir á rede as primeiras versións, en formato pdf, das programacións didácticas dos novos libros de Bacharelato. Aquí pode descargarse o documento (64 páxinas) de Lingua e Literatura e aquí o documento (172 páxinas) de Lengua castellana y literatura, ambos os dous de 1º de Bacharelato. Nos próximos días subiremos os documentos de Matemáticas e Ciencias para o Mundo Contemporáneo.

“Game over”, Carlos Losada

“Game over”, Carlos Losada

A vindeira semana aparecerá nas librarías Game over, a peza de Carlos Losada, ilustrada por Fran Pedreira, gañadora do IIº Premio Manuel María de literatura dramática infantil. Roi acende a videoconsola para botar outra partida co seu xogo favorito dende hai unhas semanas, a última versión dos súper loitadores Mortal Combat versión 3.0.