Menu Xerais

Pedro Feijoo estará mañá no Club de lectura Sete Vidas, de Espazo Lectura, en Gondomar, para falar de «Os fillos do mar»

O escritor Pedro Feijoo participará mañá martes no Club de Lectura Sete Vidas, que promove a asociación Espazo Lectura en Gondomar, para falar da súa novela Os fillos do mar, finalista do Premio Xerais 2011.

 

A novela «Os fillos do mar» no club Sete vidas

Este martes 5 de xuño o club de lectura Sete vidas pecha a tempada cunha sesión na que falaremos da novela Os fillos do mar, de Pedro Feijoo, editada por Xerais. A actividade comeza coma sempre ás 20:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar. A partir das 21:00h Pedro Feijoo achegarase á biblioteca para conversar sobre a novela coas persoas que participen na sesión. Con esta proposta o club Sete vidas de Espazo Lectura despídese ata o mes de outubro.

O libro

A novela Os fillos do mar, finalista do Premio Xerais 2011, condúcenos polo Vigo de hoxe da man de Simón, un arquitecto mediocre que recibe un estraño encargo para realizar unha reforma nun pazo de Canido, propiedade de Isabel Llobet, unha muller da alta sociedade viguesa. A novela, de intriga e aventuras, proponnos tamén unha viaxe histórica ata a Batalla de Rande, a Guerra Civil española e os tempos do nazismo alemán. Unha novela trepidante que nos achega aos tesouros da cidade de Vigo, da súa arquitectura e da súa historia

O autor
Pedro Feijoo (Vigo, 1975) posúe unha formación filolóxica, pero exerceu profesionalmente como músico no grupo «Lamatumbá» durante algúns anos. Publicou un ensaio titulado Cousas do ‘Galicia’, por Castelao (1997) e Viva ou Fu Remol! (2005). Na actualidade traballa nun estudio musical e compaxina este labor coa creación literaria. Os fillos do mar é a súa primeira novela.

Comentarios pechados