Menu Xerais

Pedro Feijoo estivo con «Os fillos do mar» nun dos clubs de Espazo Lectura en Gondomar

O blog de Espazo Lectura publicou unha información sobre a presenza de Pedro Feijoo e a súa novela  Os fillos do mar no Club de Lectura Sete Vidas, na biblioteca de Gondomar.

 

O Sete vidas despediu a tempada con Pedro Feijoo

 

O club de lectura Sete vidas despediu a tempada o pasado 5 de xuño cunha sesión na que contamos coa presenza de Pedro Feijoo para falar do seu libro Os fillos do mar, unha novela de ritmo trepidante, que suscitou unha valoración moi positiva por parte dos asistentes.

O autor confirmou que, efectivamente, fora a súa vontade escribir unha historia que enganchase os lectores, que tivese vocación de conectar. Pedro Feijoo tamén resaltou a importancia da memoria e a vontade da súa novela de afondar na nosa identidade histórica.

A ese respecto, algúns dos participantes resaltaron o atractivo engadido que supón para o lector o itinerario, actual e histórico, que se propón indirectamente, a través dos personaxes, pola arquitectura e o patrimonio  histórico-monumental da cidade de Vigo.

Ao remate, Pedro Feijoo comentou que xa está a traballar en novos proxectos e que ten unha novela moi adiantada.

Deixa un comentario!