Menu Xerais

Pedro Feijoo, galardoado co Premio Arcebispo Xoán de San Clemente pola súa novela «Os fillos do mar»

O escritor Pedro Feijoo foi galardoado onte co Premio Arcebispo Xoán de San Clemente pola súa novela Os fillos do mar. O fallo, que se produciu no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, centro que lo convoca desde 1985, produciuse logo de que as obras recoñecidas fosen elixidas por  estudiantes de secundaria docentro convocante, e dos institutos San Paio de Tui, Manuel Chamoso do Carballiño, As Mercedes de Lugo, e da Pobra do Caramiñal. O xurado destacou que Os fillos do mar é unha novela doada de ler, de trama entretida, que mantén o misterio ata o final, resaltando o seu ton humorístico. Nesta XIX edición do premio recoñeceuse tamén a Arturo Pérez-Reverte, por El tango de la guardia vieja, na modalidade de lingua española e ao grego Petros Márkaris pola súa obra Liquidación final.

Diversos medios de comunicación recollen a noticia: La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Sermos Galiza, El Diario, Culturagalega.org, etc

 

 

 

Comentarios pechados