Menu Xerais

Pedro Feijoo, que gañou o Premio Arcebispo San Clemente con «Os fillos do mar», recollerá o premio o luns 27 de xaneiro

O luns, 27 de xaneiro terá lugar a entrega dos  premios Arcebispo Sanclemente, que nesta ocasión gañou na modaldiade en galego o escritor Pedro Feijoo coa súa novela Os fillos do mar . O fallo do xurado deuse a coñecer no pasado mes de xuño no instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, organizador deste certame literario. Xunto con Pedro Feijoo, foron galardoados tamén os escritores Arturo Pérez-Reverte e Petros Márkaris nesta XIX edición nas modalidades de lingua castelá e lingua estranxeira, respectivamente.

A característica que diferencia este premio doutros é que o xurado está composto por alumonos de 2º curso de Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) de varios centros de Galicia que emiten o seu voto de xeito secreto. Nesta décimo novena edición do Premio o xurado integrárono estudantes dos institutos de A Pobra do Caramiñal, San Paio de Tui, Manuel Chamoso de O Carballiño, As Mercedes de Lugo e do propio Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. O galardón ten unha dotación económica de 3.000 euros en cada unha das súas modalidades. Canda a novela gañadora, as finalistas foron  «Da máquina», de Alberto Lema e «Tonas de laranxa». de María Lorenzo e Manuel Lorenzo, na modalidade de lingua galega.

 

Comentarios pechados