Menu Xerais

Pedro Feijoo no Club de Lectura do IES Valadares con «Os fillos do mar»

Ramón Nicolás reproduce no seu blog Caderno da crítica a visita de Pedro Feijoo ao IES Valadares, onde os rapaces e rapazas do club de lectura leron Os fillos do mar.

 

Pedro Feijoo, con «Os fillos do mar» ao fondo

Onte volveu pórse en marcha o club de lectura de adultos Lendo no Galiñeiro, conformado por compoñentes da comunidade docente, pais e nais do alumnado e persoal non docente do IES Valadares. Debíanos unha visita Pedro Feijoo e con el festexamos, ademais, a cuarta edición do seu Os fillos do mar.

       Presentado por Juan Romero, o diálogo foi ben rico e cheo de matices, estendéndose case ao longo de dúas horas. Nese tempo xurdiron cuestións arredor do proceso de creación da novela e de como foi adquirindo forma; da consideración social do termo «éxito de vendas» hoxe en día; da necesidade de ofrecer narrativa que chegue a un lectorado que, potencialmente, está aí; de Woody Allen e do Quixote; de Lamatumbá e  da cidade de Vigo como protagonista do libro, da Boca do Inferno e de Manuel de la Fuente…, sen esquecer os novos proxectos nos que o autor se mergulla nestes días. El comprometeuse a volver, quen integramos o Club a convidalo outra vez e festexar outro novo libro (fotografías, superior e inferior, de Anxo Cabada).

Deixa un comentario!