Menu Xerais

Poesía da desposesión e da perda, da morte e da morriña: «s/t», de Emma Pedreira. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre o libro de poemas s/t, de Emma Pedreira. sobre o libro de poemas s/t, de Emma Pedreira.

s/t

Publica a editorial Xerais o III Premio de Poesía Gonzalo López Abente, s/t de Emma Pedreira, un “S/T” do “sen terra” por estarmos ante poesía da desposesión e da perda, da morte e da morriña. Hai dor por non sermos quen de pór nome a aquilo que nos importa, aquilo que nos conmove. Ao seu carón, a memoria e o esquenzo, esa memoria que pode permanecer para sempre na escrita, para tentar que nunca pase ao lugar das sombras, a unha ferida permanente que non cicatriza. E para non esquecer, para gardar a memoria, para que as palabras flúan como flúe o “Eume”, pema final, está este libro de poemas, que reconstrúe e evoca espazos, lugares, tempos, unha infancia case afastada e unha luz que ilumina os pasos arrincados da soidade, os pasos que marcan o camiño da vida, os pasos dados sobre os que non se pode volver doutro xeito que non sexa a palabra.
O exilio só existe con retorno.
O outro chámase olvido.

Comentarios pechados