Menu Xerais

«Polaroid», de Suso de Toro, unha obra inspidade pola cultura punk, en inglés. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a tradución ao inglés de Polaroid de Suso de Toro.

 

«Polaroid» de Suso de Toro en inglés

Soubemos onte da recensión publicada en Winstonsdad’s blog sobre a tradución ao inglés de Polaroid de Suso de Toro realizada por Jonathan Dunne e publicada por Small Stations. Sen dúbida que consitúe outro éxito do proxecto de Dunne a prol da visibilidade da literatura galega, outra xaneliña aberta para a literatura galega nun blog especializado en comentar obras de ficción traducidas ao inglés. O texto segue o fío da anotación de Tony sobre a publicación de One Million Cows de Manuel Rivas, identificado xa como escritor da literatura galega. Winstonsdad salienta que Polaroid foi unha obra inspirada pola cultura punk, relacionándoa coa de Raymond Carver «pola súa capacidade de utilizar poucas palabras posuidoras de moita forza». Como pareceume significativo que o comentarista reparase  no feito de que este é «un libro cheo de polaroids que retratan tanto vidas aborrecidas como outras gloriosas». Parabéns a Suso de Toro que, por fin, conta coa tradución ao inglés deste libro radicalmente actual, tamén unha obra alboral para a narrativa galega do século XX.

Manuel Bragado

 

Deixa un comentario!