Premios «Fervenzas Literarias 2009»
Recibimos con entusiasmo e agradecemento a noticia dos Premios «Fervenzas Literarias 2009» outorgados polos lectores e lectoras deste espazo de referencia na promoción da literatura galega. Tras os resultados de 2007 e 2008, velaí as obras publicadas por Xerais que resultaron gañadoras:
Monte Louro de Luís Rei Núñez, mellor libro de literatura para adultos.
- Ás de bolboreta de Rosa Aneiros, mellor libro xuvenil.
- O derradeiro irmán de Nathacha Appanah, tradución de Emma Lázare, mellor libro xuvenil traducido.
- Sol de Inverno de Rosa Aneiros, fotografía de portada de Fran Herbello, mellor portada para adultos.
- A dama da Luz de Agustín Fernández Paz e Jorge Magutis, ilustración de portada de Jorge Magutis, mellor portada LIX.
- Xerais, mellor editorial.
O noso agradecemento aos lectores e lectoras por estes recoñecementos. Grazas a todos e todas.
Comentarios pechados