Menu Xerais

Presentación «Ámote Leo A.» en Santiago

O mércores, 18 de decembro, ás 19:30 horas, na Biblioteca Pública Ánxel Casal, avenida de Xoán XXIII s/nº, de Santiago, terá lugar a presentación do libro Ámote Leo A. Destino xalundes de Rosa Aneiros.

No acto, organizado pola Biblioteca Ánxel Casal e Xerais, participarán Fran Alonso e a autora.

A partir das 18:00 horas a autora manterá un encontro coas lectoras e lectores do Club de Lectura Xuvenil da Biblioteca Anxel Casal e do Club de Lectura CleCa de Santiago de Compostela

Comentarios pechados