Menu Xerais

Presentación de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto n’Illa de Arousa

O venres, 13 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal d’ Illa de Arousa, terá lugar terá lugar a performance interactiva de Xurxo Souto sobre o libro Contos do mar de Irlanda.

Un día Xurxo Souto sentiu unha terrible falta de ignorancia. A pesar de vivir nunha cidade-barco, A Coruña, nunca ninguén lle tiña falado do mar.

Decidiu facer algo elemental: preguntar; e axiña apareceu o océano por todos os curruchos. Un universo –sustento económico da nosa realidade- absolutamente descoñecido para o terrícola.

Desta descuberta xurdiu un libro, Contos do Mar de Irlanda.

E tamén este espectáculo radicalmente interactivo, porque os asistentes coñecen e, inmediatamente, interpretan cancións que naceron no Gran Sol e Terranova. Corpus sonoro da Galiza do mar que, por fin, comeza a arribar a porto.

Até o momento ten realizado unhas oitenta representacións por diferentes lugares do país, dende a ribeira á montaña. Tamén en xeografías máis distantes como Lisboa, Bruxelas ou Barcelona.

Agora, con humildade e vehemencia, achégase por fin á capital dos océanos: Todos os camiños de Galiza levan ao mar. E todos os camiños do mar levan á  Arousa!

Comentarios pechados