Menu Xerais

Presentación e Roteiro en Lugo de “As estacións do lobo” de María Reimóndez

O venres 7 de febreiro ás 20:00 horas, no Vello Cárcere, Praza da Constitución s/nº de Lugo, terá lugar a presentación do libro As estacións do lobo e do resto das novelas do Ciclo dos elementos de María Reimóndez.

Día 8 de febreiro, sábado, ás 11 horas na Gasolineira de San Rafael, Avda da Coruña 310, partirá o roteiro da novela As estacións do lobo que ten como protagonista a Clara, unha adestradora canina, mais tamén a cidade de Lugo. Por iso propomos un percorrido físico polos espazos e temáticas da novela en compaña da súa autora. O roteiro incluirá lecturas, intervencións e sorpresas para achegarse doutro xeito ao texto desta obra que forma parte, xunto con En vías de extinción, A música dos seres vivos, Dende o conflito e As cousas que non queremos oír, do Ciclo dos elementos, unha serie de novelas independentes mais interconectadas.

Comentarios pechados