Menu Xerais

Presentación en Arteixo de “Estilística da Lingua Galega” de Freixeiro Mato

O xoves, 30 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Centro Cívico de Arteixo, terá lugar a presentación do libro Estilística da Lingua Galega de Xosé Ramón Freixeiro Mato.

No acto, organizado pola Asociación Monte da Estrela e Xerais, participarán Xurxo Souto, Xosé Manuel Sánchez Rei, Aniceto Nunes e o autor.

Deixa un comentario!