Menu Xerais

Presentación en Compostela de “Raíz da fenda” de Berta Dávila

O xoves, 11 de xullo, ás 20:00 horas, na libraría Lila de Lilith, rúa Travesa, 7 de Santiago, terá lugar a presentación do poemario Raíz da fenda de Berta Dávila (XV Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu).

No acto participarán Marilar Aleixandre, Fran P. Lorenzo, Fran Alonso e Berta Dávila.

A autora fará un agasallo a cada un dos asistentes.

Deixa un comentario!