Presentación en Mazaricos de “Que non te aten” de Manuel Iglesias Turnes
O venres, 18 de marzo, ás 21:30 horas, na Casa da Cultura da Picota, de Mazaricos, terá lugar a presentación da novela Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes.
No acto, organizado polo Concello de Mazaricos e Xerais, participarán Juan Blanco Riveiro, alcalde de Mazaricos; Cándido Iglesias, gandeiro; Manuel Bragado, director de Xerais e Manuel Iglesias Turnes, autor.
Pechará o actor José Luís Míguez Vázquez co monólogo teatral “O país das vacas” baseado no libro do mesmo título de Xurxo Lobato.
Comentarios pechados