Menu Xerais

Presentación en Ourense de “Juan Rof Codina” de Diego Conde Gómez

O xoves, 2 de xullo, ás 19:30 horas, na sede do Colexio de Veterinarios, rúa Ramón Cabanillas, 4, de Ourense, terá lugar a presentación do libro Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandaría galega contemporánea de Diego Conde Gómez.

No acto, organizado polo Colexio Oficial de Veterinarios de Ourense e Xerais, participarán Juan José Gómez Fernández, presidente do Colexio de Veterinarios de Ourense, Xosé Uxío Rey Fernández, presidente do Consello Galego de Colexios Veterinarios, Manuel Bragado, director de Xerais e Diego Conde Gómez, doutor en Veterinaria e autor.

Deixa un comentario!