Menu Xerais

Presentación en Ourense de “O fillos do mar” de Pedro Feijoo

O acto, que contará coa participación de Diego Ameixeiras, Sergio Zearreta, Manuel Bragado e  Pedro Feijoo, terá lugar o xoves, 10 de maio, ás 20,30 horas, no Café Cultural Auriense, Praça do Corregedor, 11 de Ourense.

Nestes días Xerais prepara a segunda edición desta exitosa novela. Na banda, que acompañará o libro, saliéntanse algunhas das frases que lle adicou a crítica:

Había tempo que unha lectura non me enganchaba de tal xeito: estiven pegada ao sofá toda a tarde (…) e non me erguín ata rematala.
            Gracia Santórum. Trafegando Ronseis.

Un deses éxitos de vendas que xuntan a calidade literaria coa procura dun público lector maioritario.
 Manuel Rodríguez Alonso. Galicia Confidencial.

Novela que atrapa ao lector dende a primeira poética páxina ata a última.
Escrita dende o humor fino, dende a intelixente ironía.
       Xosé Carlos Caneiro. La Voz de Galicia.

(…) Un preciso reloxo suízo no que cada peza está ben engraxada para que as agullas avancen segundo a segundo, inexorables, como o propio relato da vida.
    Marcos Calveiro na presentación da novela en Vigo

Deixa un comentario!