Menu Xerais

Presentación en Ribeira de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” de Carlos Callón

O vindeiro, venres, 21 de setembro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón na Aula Multiusos da Confraría de Ribeira. No acto participarán Elvira Blanco, pola Mesa pola Normalización Lingüística da Barbanza, Rosana Pérez, concelleira na Pobra do Caramiñal, Luís Pérez, concelleiro en Ribeira e estudante de Filoloxía Galega, Manuel Bragado, director de  Xerais, Carlos Callón, autor do libro e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. Tamén estará presente María Torres, que deu imaxe á cuberta deste libro.

Comentarios pechados