Menu Xerais

Presentación en Tui de “Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo” de X. Ricardo Losada

O venres, 16 de outubro, ás 20:30 horas, na sala Felix Rodríguez, a Área Panorámica de Tui, terá lugar a presentación do libro Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo de X. Ricardo Losada.

O autor falará sobre o crego  poeta, antifranquista, membro da Real Academia Galega,  tudense de adopción e galego universal, D. Faustino Rey Romero (1921-1971).

O acto está organizado pola Asociación Levada Libre (Foro aberto de opinión tudense) en colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Tui.

 

Comentarios pechados