Menu Xerais

Presentación en Vigo de “Iria” de Anxo Angueira

O sábado, 24 de novembro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación da novela Iria de Anxo Angueira. Este acto, organizado pola Asociación Bou Eva, será na rúa Térzo de Fóra, 11 en Vigo.

Aproveitando a presenza de Anxo Angueira, a Asociación pediulle que sexa o anfitrión do serán e que presente os paneis sobre embarcacións tradicionais da Asociación de Embarcacións Tradicionais de Bouzas. Participará tamén Uxío Allo, presidente da Asociación de Embarcacións Tradicionais da Illa de Arousa.

Comentarios pechados