Menu Xerais

Presentación na Coruña de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

Dentro da ruta “Da Gaiteira a Monte-Alto. A viaxe ao Gran Sol sen saír da Coruña”, Xurxo Souto recala este xoves, 18 de decembro, ás 20:00 horas,  na librería Nova Colón, rúa San Andrés, 112, cos seus Contos do Mar de Irlanda

Nesta cita para reencontrármonos co talento submarino de Urbano Lugrís e Antón Avilés de Taramancos. Parella prodixiosa cuxa presenza iluminou nos anos cincuenta estas rúas do centro da cidade ( o poeta Antón Avilés residía nunha pensión na praza de Santa Catarina, Urbano Lugrís na propia rúa de San Andrés).

Este acto quere ser tamén un adianto dos fastos do V Día Lugrís que se desenvolverá o vindeiro sábado, promovido por In Nave Civitas, Asociación O Mural e AELG, e que deixará como pegada gráfica, na veciña praza de Sellier, unha gran reprodución de dúas obras do propio pintor Urbano.

Como sempre, alén da palabra , haberá toque de cornas e acordeón. Gustaríanos moito – se así o quixer- que vostede formase tamén parte desta tripulación.

Medre o Mar !

Comentarios pechados