Menu Xerais

Presentación virtual do libro “As estacións do lobo” de María Reimóndez

O xoves 4 de xuño ás 18:30 horas, por medio da plataforma Zoom e coa Libraría Lila de Lilith, a escritora María Reimóndez presenta As estacións do lobo e o resto de entregas do “Ciclo dos elementos”.

Se queres participar envía un correo a liladelilith@gmail.com para recibir as claves da xuntanza.
As persoas participantes deste encontro terán un detalliño ao mercar na Lila na semana posterior á presentación.

Coa autora estarán Ánxela Lema, Eva Teijeiro, Mercedes Peón, Montse Paz e Montse Dopico que nos falarán das súas lecturas dos libros que compoñen o Ciclo dos elementos.
As estacións do lobo é a última entrega ata o momento do Ciclo dos elementos; unha novela na que exploraremos xunto a Clara os límites do amor, do arraigamento e da nosa capacidade para crear mandas que nos protexan día a día dos afectos.

Comentarios pechados