Menu Xerais

Presentacións de «Terra de Soneira» en Zas e Vimianzo o próximo venres 10

O próximo venres día 10 terán lugar dúas presentacións do libro Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte, unha en Baio-Zas, ás 19,30 horas, e outra en Vimianzo ás 21,30 horas.

Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte é un libro coordinado e dirixido por Xosé María Lema Suárez, e no que participan tamén como autores, amais do propio coordinador, Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera, Roberto Mouzo Lavandeira e Xosé María Rei Lema.

A presentación en Baio-Zas está coorganizada polo Concello de Zas, A.M.C. Pepe Valiña, Amigos do Liño e Edicións Xerais de Galicia. O acto, O acto contará coa participación de Manuel Muíño (alcalde de Zas), Antonio Díaz Amor (presidente de A.M.C. Pepe Valiña),  Carmen Riveiro (presidenta de Amigos do Liño), Manuel Bragado (director de Xerais) e os autores, e terá lugar o venres, 10 de decembro, ás 19,30 horas, no Auditorio de Baio-Zas.

A presentación en Vimianzo está coorganizada polo Seminario de Estudos Comarcais Costa da Morte e Edicións Xerais de Galicia. O acto contará coa participación de Ramón Gándara (representante do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte), Manuel Bragado (director de Xerais) e os autores, e terá lugar o venres, 10 de decembro, ás 21,30 horas, no Salón Caribe de Vimianzo.

Comentarios pechados