Menu Xerais

Programa de Xerais no Culturgal 2020

Os días 27, 28 e 29 de novembro terá lugar en Pontevedra o Culturgal 2020 no que Xerais ten programadas as seguintes actividades:

Sábado 28. Espazo Libro no Teatro Principal de Pontevedra

12:30 horas: A escritora Ledicia Costas conversará coa xornalista Teresa Cuíñas sobre os seus libros máis recentes: Benvido ao Outro Barrio. Os Minimortos, Vampira de biblioteca e A Señorita Bubble. Baixo cero.

17:45 horas: A xornalista Teresa Cuíñas manterá unha conversa con Eva Mejuto e Bea Gregores, autora e ilustradora do álbum A lavandeira de San Simón.

19:30 horas: Teresa Cuíñas entrevistará a Elba Pedrosa autora da novela O que non sabías e a Manuel Rivas autor de Zona a Defender. A esperanza indócil.

21:00 horas: Lucía Aldao e María Lado falarán de Ninguén morreu de ler poesía.

 

Domingo 29. Espazo Libro no Teatro Principal de Pontevedra

16:00 horas: A Deputación Coruña presenta os Premios Torrente Ballester e Raíña Lupa. Granito de Álex Alonso e Antía e Daren. O misterio dos torques roubados de Valentín Alvite.

19:00 horas: Teresa Cuíñas conversará con Suso de Toro sobre a súa novela Un señor elegante e con Manuel Esteban autor de A vinganza dos homes bos.

Comentarios pechados