Menu Xerais

«Proxecto pomba dourada» de Miguel Vázquez Freire

Proxecto pomba dourada de Miguel Vázquez Freire

Arno, ao chegar da escola, atópase a seus pais asasinados. Os pais de Arno eran uns famosos científicos que tiñan un proxecto para mellorar o futuro de Ferrocoruña: o Proxecto Pomba Dourada. Para tentar averiguar algo, métese no ordenador de seus pais e estes danlle pistas para que só el poda acertar o contrasinal, que é MERLÍN. Tamén sae un vídeo deles no que lle dan unhas claras instrucións e a localización dun Anel tecnolóxico que lle dará consellos e que só está na súa mente, que tamén se chama Merlín.

Logo, ten que ir a Fisterra, tal e como dixeron seus pais. No camiño coñece a Tullido, Gwendaill e ao xigante Imaz, que son Borrallas. Nesta viaxe, toparase cunha longa serie de aventuras que poñerá en perigo a súa vida, a dos demais e a de Pomba Dourada. A historia remata cando Arno logra chegar a Fisterra e entrega o proxecto Pomba Dourada no laboratorio do Mestre Cego, para así conseguir mellorar o futuro informático de Ferrocoruña e, probablemente, do mundo. Marcos Vidal (2º D)

Anotación publicada no blog «Linguason» do Clube de Lingua do IES de Porto do Son.

Comentarios pechados