Menu Xerais

Que debe ter unha obra literaria en galego para vender máis de 40.000 exemplares?

A web Letra en Obras publicou unha anotación sobre os libros que venden máis de 40.000 exemplares.

 

Que debe ter unha obra literaria en galego para vender máis de 40.000 exemplares?

lapisNun mercado interno pequeno, e por riba non normalizado, como é o noso que unha novela chegue a vender 2.000 exemplares é xa nova. Comentabamos nunha nova de 2013 que a tiraxe media dunha novela era de 1.000 exemplares (agora a cifra sería incluso menor) e a dun libro de poesía apenas superaba os 250. Mais entres os títulos que se publican sempre hai algúns que conquistan o público e que se converten en auténticos “long-sellers”.

Un exemplo podemos buscalo nunha das principais editoras en galego. Edicións Xerais, fundada en 1979, conta con seis libros que ao longo de todo este tempo superaron os 40.000 Galvánexemplares vendidos. Este é o seu particular ranking con datos de finais de 2014.

Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz (1995)——91.000 exemplares vendidos.

O lapis do carpinteiro, Manuel Rivas (1998)—————–85.000 exemplares vendidos.

Galván en Saor, de Darío X. Cabana (1989)——————52.000 exemplares vendidos.

Cando petan na porta pola noite, X.P.cando petan Docampo (1994)—48.500 exemplares vendidos.

As flores radioactivas, Agustín Fernández Paz (1990)——-48.000 exemplares vendidos.

A sombra cazadora, de Suso de Toro (1994)——————42.000 exemplares vendidos.

sombra

Deixa un comentario!