Menu Xerais

Quen dá máis?: «A terra queima», o libro-disco de Lalo Carnota e Xurxo Souto

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares publica unha anotación sobre A terra queima, o libro-disco en formato de álbum infantil interdisciplinar que parte dun proxecto do músico Lalo Carnota, con música súa, con texto de Xurxo Souto e fotografías e ilustracións de Xulio Rey e Sesé Barreiro.

 

 

A terra queima

A historia de Xurxo Souto, as ilustracións de Sesé Barreiro, as fotografías de Xulio Rey e a música de Lalo Carnota, quen dá máis?
Certamente, os produtos que están a saír das editoriais galegas andan na busca do libro total, da obra completa que integra diferentes manifestacións culturais, para dar acceso a todo ese mundo creativo que anda a fluír polo noso mundo. Non sabemos que facer con tanta imaxinación e inventiva, ou mellor dito, si sabemos e por iso o plasmamos en diferentes linguaxes que van do analóxico ao dixital, da palabra falada / cantada á escrita, da pintura á fotografía. Unha historia que bebe dun imaxinario que xa é fundamento, coa natureza como escenario e unha localización real e que sirve de referencia para todos nós: as proximidades da torre de Hércules, o ollo de deus.

Comentarios pechados