Menu Xerais

Quen era o misterioso Dr. Saa? Entrevista con Xosé Díaz Díaz en Radiofusión

Radiofusión publica unha entrevista en audio con de Xosé Díaz Díaz, coautor, cunto con Belén Fernández Guzmán, do libro da colección crónica O misterioso Dr. Saa, subtitulado A historia do Conde de Waldemar, ilusionista, prestidixitador e telépata.

A entrevista pode escoitarse aquí.

 

Un libro recupera a historia do mago galego que triunfou en todo o mundo

Xerais acaba de tirar do prelo O misterioso Dr. Saa

O libro O misterioso Dr. Saa recupera a historia de Manuel Rodríguez Saa, un lucense de Portomarín que, no primeiro terzo do século XX, acadou sona internacional como ilusionista. Algúns dos persoeiros máis relevantes da súa época (da política, a cultura, a aristocracia) presenciaron as habilidades máxicas do Dr. Saa, tamén coñecido como Conde de Waldemar. O seu itinerario vital e profesional levouno polos confíns do mundo, sendo testemuña directa de boa parte dos relatos da historia do seu tempo e colleitando numerosos éxitos nos escenarios máis destacados.

Cultura • 16/02/2012 • Autor: Redacción

A través dos recordos de parentes e amigos do Dr. Saa, así como das múltiples referencias ás súas actuacións na prensa da época, Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández Guzmán recompilaron a información necesaria para render homenaxe ao artista. No libro, ao igual que nas historias que contaba o propio mago, é difícil trazar a fronteira que separa a realidade da ilusión. “Cremos que era importante analizar a súa figura profesional, tendo en conta que foi un galego que saíu da súa aldea e triunfou en todo o mundo, pero tamén reflectir a lenda que o rodeou en vida”, explica o autor. “Quitar ou deturpar a súa compoñente mítica sería minorar figura de Waldermar”, afirma Xosé Díaz.

Comentarios pechados