Menu Xerais

Quim Monzó e Sergi Pamies en galego

Coincidindo coa presenza en Santiago de Quim Monzó anunciamos a aparición nos meses do vindeiro verán da edición en galego de Mil cretins, o seu máis recente libro de relatos traducido dende o catalán pola profesora Helena González. Así mesmo, o escritor Antón Dobao ultima a tradución do libro de Sergi Pamies Si menges una llimona sense fer ganyotes. Con estas dúas traducións comezamos na colección Xerais Narrativa unha liña de traducións de obras actuais da literatura catalana que, a partir de agora, poderán ser lidas polo público galego na súa lingua.

Comentarios pechados