Menu Xerais

«Ramón Piñeiro, os días ocultos», crítica en «Culturas»

Ramón Loureiro publicou o pasado 3 de outubro, sábado, no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha crítica de Ramón Piñeiro, os días ocultos, a primeira novela de Daniel Ameixeiro. Loureiro salienta que este é «un libro excelentemente escrito no que, cunha prosa verdadeiramente ambiciosa, o autor vén demostrar a veracidade do aserto de que a ficción é un dos mallores camiños para viaxar, a través do tempo, á eerna da verdade.» Reproducimos completo texto moi interesante:

Daniel Ameixeiro (O Grove,1962), autor de obras dirixidas ao público infantil tan celebradas como Bonifacio foi a palacio ou Xan e Pericán, esta última finalista do Premio Merlín, fai agora a súa primeira incursión no mundo da novela sacando á luz Ramón Piñeiro, os días ocultos, un libro excelentemente escrito no que, cunha prosa verdadeiramente ambiciosa, o autor vén demostrar a veracidade do aserto de que a ficción é un dos mallores camiños para viaxar, a través do tempo, á eerna da verdade. Profundo coñecedor da historia do galeguismo –e da historia de Galieia, en xeral–, Ameixeiro, que reside en Madrid, onde traballa como enxeñeiro de Telecomunicacións, é finno dunha voz extraordinariamente sólida, que ben pouco ten que ver co que hoxe prima nunha literatura bcn distinta: na que non ten outro ohxectivo que axudar a pasar o tempo, como se o tempo non correse xa, por si mesmo, o suficiente.
É esta unha novela, construida arredor da figura de Piñeiro, sobre as dificultades que entrañou, para os que coma el plantaron cara á máis negra das noites, abrirlle camiño á cultura galega fronte ao franquismo máis terrible. Nesta ficción que se more polo máis fértil dos territorios literarios –polo que busca a verdade no sentido máis alto do termo , e a través de dúas voces, a do propio Ramón Piñeiro e a de Victor Campio, o pasado regresa ata nós non coma se fose algo que contemplámoas través dunha estraña ventá, senón como unha sucesión de imaxes que se reflicten nun espello que, por mol literario que sexa, non deixa de ter raíces na nosa alma. Ramón Loureiro

Comentarios pechados