Menu Xerais

Realismo e fantasía: «O corazón da maxia», de Xavier Estévez. Anotación en Redelectura

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou unha anotación sobre O corazón da maxia, de Xavier Estévez, ilustrado por Santy Gutiérrez.

 

Dúas historias nunha ou unha novela en clave realista e fantástica

O corazón da maxia de Xavier Estévez, magnificamente ilustrado por Santi Gutiérrez ten eses ingredientes: realismo e fantasía. Nese senso, lémbranos o anterior premio Jules Verne, O Gran Reino, onde o día a día da moza protagonista se mesturaba cunha gran aventura. Ambas historias, tamén,  teñen relación con hospitais.

Neste caso, a rapaza protagonista caracterízase pola alegría que desprende sempre que o corpo llo permite. Ela vai repartindo ledicia por todo o hospital, visitando aos outros rapaces e achegando optimismo, a pesar das súas circunstancias. Unha grave enfermidade mantena débil pero ela inventará outra vida a través da historia que cada noite crea para a súa compañeira de cuarto, unha nena que ten medo e chora na noite. A partir de agora, as noites estarán poboadas de dragóns que desaparecen e de dúas rapazas que van na súa busca; cheas de fortaleza e valentía, non pararán ata resolver o enigma e devolver os dragóns a cada unha das aldeas. Un pano de pirata e as ganas de vivir. E, no espello, as dúas realidades dándose a man dun outro ao outro, porque a realidade… é múltiple.
Tamén deste autor: A lenda do Rei Lobo, A rapaza da fiestra e Todos os soños.

Comentarios pechados