Menu Xerais

Recensión crítica sobre «Verbas de sal», de Antonio García Teijeiro

O crítico Ramón Nicolás publicou onte en La Voz de Galicia unha pequena recensión sobre Verbas de sal, de Antonio García Teijeiro, na sección «Recomendacións».

Unha parabola da soidade

Edicións Xerais de Galicia (ilustracións de Alberto Vázquez). Unha nena curiosa, un fantástico monifate e un enigmático home maior, todos tres seres solitarios, cruzarán os seus destinos habitando o sentido último das palabras, desas “verbas de sal” que aquel home confiaba ás ondas do mar. O libro aprópiase dun palpable rexistro lírico, gañando a complicidade desde a primeira páxina e exhibindo un notable potencial descritivo de mans dadas cunha intensa pulsión plástica, só esperable nun autor de longa e reveladora traxectoria como Teijeiro, sabedor de que a fluidez narrativa e a aparente sinxeleza é algo que custa acadar. Velaquí unha parábola sobre a soidade, que repara tamén no valor salvífico da comunicación, a amizade, a poesía e os libros.

Ramón Nicolás

Comentarios pechados