Menu Xerais

Rede Lectura recomenda «A señorita Bubble», de Ledicia Costas, un canto á liberdade e imaxinación

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda a novela A señorita Bubble, da escritora Ledicia Costas.

 

 

A señorita Bubble de Ledicia Costas

Editada por Xerais e ilustrada por Andrés Meixide, vén de publicarse a nova novela de Ledicia Costas, A señorita Bubble.
Segundo a autora é unha homenaxe ás mulleres inventoras que, “como ocorre en moitos outros ámbitos, foron invisibilizadas ao longo da historia”. O relato está cargado de fantasía e marcado pola estética steampunk.
A señorita Bubble tamén  é unha homenaxe a diferentes escritores e cineastas como Jules Verne, Tim Burton ou Roald Dahl.
Personaxes como a señorita Bubble, Sofi, Noa ou Vincent farán un canto á liberdade e imaxinación fronte a intrasixencia e ignorancia  da sociedade que xulga e rexeita o diferente.
Indicada a partir de lectores autónomos, non debe faltar nas bibliotecas escolares.

Comentarios pechados