Menu Xerais

Rede Lectura recomenda «O lapis máxico de Malala», de Malala Yousafzai

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda o álbum ilustrado O lapis máxico de Malala, de Malala Yousafzai.

 

«O lapis máxico de Malala», de Malala Yousafzai

Dende Paquistán para o mundo. Un precioso álbum sobre o valor desmedido das palabras e a súa maxia, que nos conta en primeira persoa como unha serie televisiva pode facernos soñar cun lapis máxico, pero a propia vida fainos sentir que “calquera lapis pode selo”.

Describe as ansias dunha nena por facer felices aos demais, si, pero tamén denuncia que clasificar o lixo non abre portas á liberdade das nenas, como si o fan a escola e a familia. Decididamente unha historia imprescindible para ver e dar que pensar e falar á rapazada. Porque calquera día do ano é Día da Paz, tan desexada en Siria nestes momentos.

Comentarios pechados