Menu Xerais

Rede Lectura recomenda «Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín», de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda o álbum Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín, de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra.

 

Na noite do 31 de outubro “Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín”

Xerais vén de publicar o álbum Violeta quere ser vampiro.Un conto do Samaín  escrito por Ramón D. Veiga e ilustrado por David Sierra.

Como di na presentación editorial Coma todos os anos, a noite do 31 de outubro celébrase na casa de Violeta a festa do Samaín. Pequenos e grandes disfrázanse, xogan, bailan e contan contos ata ben entrada a noite, e malia os fantasmas, as bruxas e a Santa Compaña, ninguén se asusta porque, como di a avoa Pilar, «aos mortos non hai que terlles medo; cos vivos xa é outro cantar»
Neste álbum, ademais da historia de Violeta, temos incluída información sobre Vamtruvio e os vampiros riquiños, nese Manual de vampiro moderno que enche de humor o relato.
Lectura moi acaída para estes días que inundan de libros de medo e calacús as bibliotecas escolares.

Comentarios pechados