Menu Xerais

Rexina Vega: «Dark Butterfly parte dunha experiencia persoal que necesitaba contar». Entrevista en Radiofusión

Radiofusión publica unha entrevista en audio con Rexina Vega sobre a súa nova novela, Dark butterfly.

 

Rexina Vega: “Dark Butterfly parte dunha experiencia persoal que necesitaba contar”

Cinco anos despois de gañar o Premio Xerais con Cardume, Rexina Vega déixanos ler a súa segunda novela, Dark Butterfly. Unha obra que, xa nos advirten antes de abrila, é “dura, triste e abrumadora”. A propia autora confesa que sentía a necesidade de escribila para canalizar a súa dor. “Parte dun feito biográfico: a miña irmá era esquizofrénica”, explica, ao tempo que matiza que esa vivencia persoal combínase cunha “intelectualización”. “Intentei narrar o horror da enfermidade mental desde un punto de vista metafórico e desde un ton poético”, afirma.

Cultura • 11/03/2012 • Autor: Redacción

A denuncia forma parte tamén desta novela que acaba de chegar aos andeis das librarías da man de Edicións Xerais. En Dark Butterfly Rexina Vega describe o proceso da enfermidade mental como unha lenta e consciente deriva cara á marxinación e a exclusión e critica o “fracaso do sistema sanitario”. “Unha porcentaxe importante de enfermos non se curan nunca e a psiquiatría só ten como alternativa a farmacoloxía”, asegura a escritora, que entende que os fármacos funcionan como “neutralizadores da vontade e a dignidade”.

Comentarios pechados