Menu Xerais

Rigor e altura didáctica: «Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez», de Carlos Callón. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol unha recensión crítica sobre Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón.

 

 

Queremos máis, e máis

Ou sexa excelencia, en todo aquilo que se poña diante nosa e que teña interese cultural ou pretenda telo. Tamén nas cousas máis familiares, así aquelas que manexamos decote, o amor e a comunicación, por exemplo, choios os dous tan relacionados cal a linguaxe que nos move (e doc). Como o galego, idioma en horas pouco doadas, por non dicir abertamente complicadas, razón maior aínda para que nos entreguemos con esmero á causa de defendelo e divúlgalo, e -se cadra- reconstruílo. Que non ahonda, non debera, empregar un idioma tan esnaquizado por algúns, así a clase pol/tica (un sector dela, por exemplo, os principaís candidatos do PP e o PSOEn as últimas eleccións autonómicas) que máis que amar o idioma semellan deostalo, tan ruín o castrapo que xordía das súas bocas nas intervencións públicas que as televisións estatais reproduciran.

Dando pé a argumentos tan chocalleiros como aquel dunha dona de Luque (Córdoba) que un día sostiña diante miña que o galego é o español mal falado. Por iso, para evitar darlle munición aos inimigos, comprirá ensinar ao que non sabe. Pero ensinarlle bcn, por certo, o que me leva de paso pedir a extinción desa caste de dómines crueis que máis que sementar amor ao galego entre os discentes mais semellan facelos fuxir da lingua nai, atormentándoos a maiores con lecturas patéticas dun canon en moitos casos feito a base de argumentos perguizosos cando non con libros de lectura obrigada escritos por “colegas”.

Ese bo ensino deberá levar á excelencia que compre esixir en todo. Pero máis aínda para defender unha lingua en perigo, dígase xa, de extinción. Ao menos no seu emprego cotián.

Por iso saúdo co meirande cariño un libro tan importante cal este de Carlos Callón, “Comofa lar en galego con corrección e fluidez” (Edicións Xerais, Vigo, 2012). Un volumen que desde xa incorporo á miña biblioteca portátil, a xeito tamén de “vademecum” para cando chouten as dúbidas de se tal expresión é tan galega como a Fervenza d’O Roxal (de Neda) ou estamos empregándoa “Á boa de Deus’, isto é verquéndoa directamente desde o idioma español, sen reparar en que o noso rexistra un moítísimo máis enxebre “Á vaiche boia”. Tal comon os explica con claridade e unha chea de exemplos prácticos Don Carlos Callón, todo un adalide da causa lingüística galega.

É este un nachifio que escribe con rigor e consideración para o lector (ou sexa, con amenidade), o que fai que o seu prontuario sexa compendio ocorrente, se se quere, comercial. Pois nel, ademais de altura didáctica xorden piperetes como o “Happy Birthday to you” en galego, que reproduzo aquí para uso e desfrute da rapazada: “Parabéns para ti/ nesta data querida,/ moitas felicidades/ moitos anos de vida. / Hoxe é día de festa,/ cantan as nosas almas/ para Carlos Callón/ unha salva de palmas”. Por exemplo. Ah, e o libro insire un anaco do coñecido artigo do ferrolán Joaquín de Arévalo, publicado en 1888, falando do absurdo dunha gramática galega, poisque o noso idioma debía xermolar “espontáneo y puro, tosco y selvático, lleno de ignorancia, de buena fe y de mimo.” ¡Que túzaro!

Vicente Araguas

Comentarios pechados