Menu Xerais

Resultados da procura coa palabra: muriel

Presentación na Coruña de “Muriel” de María Canosa

O martes 21 de novembro de 2017, ás 19:00 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a presentación de Muriel de María Canosa, Premio Merlín de Literatura Infantil, 2017. No acto participarán Lucía Cobo, Manuel Bragado e María Canosa.

Libro brillante: «Muriel», de María Canosa. Crítica de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e aloumiños unha recensión sobre a novela Muriel, de María Canosa, ilustrada por Lucía Cobo, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017.

María Canosa: «Con Muriel quixen que os lectores gozasen pero tamén que reflexionasen»

O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por diante, da Radio Galega, entrevistou á escritora María Canosa, Premio Merlín de Literatura Infantiil 2017, coa novela Muriel, de María Canosa, ilustrada por Lucía Cobo.   A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Sensibilidade creativa: «Muriel», de María Canosa. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión sobre a novela infantil Muriel, de María Canosa, ilustrada por Lucía Cobo, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017.

Universos de seu: «Muriel», de María Canosa, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela Muriel, de María Canosa, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017. Está ilustrada por Lucía Cobo. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

María Canosa: «’Muriel’ naceu da necesidade de espir os sentimentos, ao calado, en voz baixa»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha información de Patricia Blanco sobre  a novela infantil Muriel, de María Canosa, ilustrada por Lucía Cobo, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017.

María Canosa: «Con Muriel aprenderemos que a vida sen soños e sen ilusión se volve gris»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevista de David González Domínguez á escritora María Canosa, sobre a novela infantil Muriel, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, ilustrada por Lucía Cobo.

Tenrura con intriga: «Muriel», de María Canosa. Crítica en Trafegando ronseis do Premio Merlín de Literatura Infantil 2017

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela infantil Muriel, de María Canosa, ilustrada por Lucía Cobo, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017.

Novidade: «Muriel», de María Canosa, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017. Unha historia seductora

Muriel, de María Canosa, é unha novidade da colección Merlín, ilustrada por Lucía Cobo. Premio Merlín de Literatura Infantil, 2017 A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas.

Un outono cheo de novidades

Moitas son as novidades que chegan este outono ás librarías da man de Xerais. Na colección narrativa publicamos A arte de trobar de Santiago Lopo, novela gañadora do Premio Xerais de Novela, 2017 e A raíña das velutinas de Lionel Rexes, XXIII Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey.

Adianto do outono literario 2017

Xerais prepara o outono literario 2017. Un catálogo de excelencia para públicos diversos. Adiantamos o que serán algúns dos títulos a publicar nos meses de setembro e outubro.

O relato dos Premios Xerais 2017 vistos por unha integrante do xurado no seu blog: anotación de Diana Pastoriza

Diana Pastoriza, profesora de inglés na EOI e asesora TIC no CAFI, publicou no seu blog, Palabras da man ao corazón, unha anotación sobre a súa experiencia como membro do xurado do Premio Xerais de Novela 2017.