Menu Xerais

Para comprender o universo emocional e cotián dos mozos: «Señor Meco», de Mar Guerra. Crítica de Mónica Álvarez

Mónica Álvarez publicou en El Correo Gallego unha recensión sobre sobre Señor Meco, de Mar Guerra, ilustrado por Evaristo Pereira.

 

Rafiki quere dicir amigo

‘Señor Meco’, un relato no que ser “legal” nada ten que ver con ter ou non “papeis”, senón coa lealdade e a honestidade

Quen son?… Cantas veces se farán esa pregunta os mozos? Cantas veces tratarán de cambiar ese “raro” que acompaña o seu nome por “especial”? Cantos terán a fortuna de atopar a ese “ser extraordinario” que lles amose que son “únicos”?… Estas cuestións convértense nos eixes da obra de Mar Guerra (Madrid, 1963), O Señor Meco (Xerais, col. “Merlín”, 2012).

Mar Guerra deuse a coñecer no panorama literario infantil e xuvenil coa súa obra Xenaro e o misterio da mochila verde (Xerais, col. “Merlín”, 2008) galardoada co Premio Merlín de Literatura Infantil nese mesmo ano e á que lle seguiu a segunda entrega da saga Xenaro e a hucha do indiano (Xerais, col. “Merlín”, 2012).

Houbo que esperar novamente dous anos, desde a súa última publicación, para que a autora agasallase flos seus lectores cunha nova obra chea do humor e da intelixencia á que xa nos ten acostumados.

Nesta ocasión o lectorado agardado acompañará a dous irmáns xemelgos, Manu e Xan, nunha viaxe persoal na busca e reivindicación da súa identidade que es levará, finalmente, a coñecer a uuha persoa realmente especial. Primeiramente, coñecemos a Manu, un rapaz de once anos un tanto descoidado e lacazán.

Pero o máis curioso deste rapaz é o segredo que agocha: prometeuse non aprender a ler nunca na súa vida. Dito así pode parecer unha simple “perrencha” dun neno, mais non. É un propósito imprescindible (así pensa el) para acadar o seu meirande obxectivo: reivindicar a súa personalidade máis aló das semellanzas fisicas que o unen no seu irmán xemelgo, Xan.

Este, a diferenza del, é aplicado e anda sempre ca testa metida nas páxinas dos libros. “Ninguneado”, como se sente Manu polo seu irmán, e incomprendido por uns pais que pouco máis que o consideran unha versión “defectuosa” de Xan, decide levar a cabo o seu cometido.

Mais todo cambiará coa chegada do Señor Meco, Mkono Mzuri, un rapaz emigrado de África que traballa no seu barrio coma vendedor ambulante, e que lles ensinará a ambos irmáns que ser diferente non é máis que unha forma de ser “especial”.

Empregando novamente o “tropo da amizade” para expoñer as realidades que se agochan na vida co cotiá dos xoves de hoxe, Mar Guerra achega este “máxico” relato ondea amizade se couverte nese “estado sen fronteiras”, onde as diferenzas non son máis que as particularidades que nos fan ser especiais; e que nos reflicten atopamos nos ollos daqueles que nos miran.

En definitiva, é o lugar de encontro dan mesmo cos demais. Todo istu aderezado co humor propio da autora, o emprego de diálogos intelixentes e un xogo constante con linguaxe converte esta obra nun texto fluído e sobre todo divertido.

Sen dúbida é unha lectura imprescindible para comprender o universo emocional e cotián dos mozos nunha sociedade como a actual onde impera o individualismo.

Mónica Álvarez

 

Comentarios pechados