Menu Xerais

«Somnámbulos» de Suso de Toro e «Historia da literatura galega II» de X. R. Pena encabezan o ranquing da Tabela dos libros de novembro

Somnámbulos, de Suso de Toro, e Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, de Xosé Ramón Pena, sitúanse no primeiro e segundo posto respectivamente dos libros máis recomendados no mes de novembro na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego. Os críticos son Héitor Mera Herbello, Inmaculada Otero Varela, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas, Manuel Rodríguez Alonso e o propio Armando Requeixo.

Comentarios pechados