Menu Xerais

Suliñados de «Os Gotten», de Alfonso Álvarez Cáccamo

O crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre Os Gotten, de Alfonso Álvarez Cáccamo.

Suliñados de Os Gotten

Velaquí un magado de suliñados que non me privei de facer mentres lía Os Gotten, de Alfonso Álvarez Cáccamo. Pola especial ironía, polo sorriso que espertan, polas verdades que din ou suscitan e tamén porque brilla especialmente a prosa escrita co esmerilado dos que saben que escirbir é algo máis que poñer palabras unha despois da outra.

Gócenos.

Despois de moitas observacións, ao longo dos anos, comprobei que a miña temperatura corporal normal, a que marca o termómetro en estados non febrís, rolda os 34 graos como moito, incluso nos días de sol, cando nas vacacións rechouchían os merlos cantareiros e non teño preocupacións que arrefríen o meu ánimo (29)

…………………………

Pode que a xente non me crea pero xuro, de novo, que escoitei berrar a Marte e comprobei que durante o tempo que soaba o seu urro de triunfo, brillou ata cegarme cunha cor intensísima como a da crista dun galo cando se excita (56)

……………………………………

Onte volvín verme, ¡despois de tanto tempo!, atravesando a rúa xusto por diante de min cando estaba detido nun semáforo das Camelias. Eu calculo que debería levar máis de trinta anos sen noticias miñas. ( 57)

——————————————————–

Xa á tardiña, mentres consumían a merenda do cesto de vimbio, chegaron os perdóns, e un acougo mol da brisa morna foi secando as saias das fillas, as medias da nai, os pantalóns de Federico e Celedonio, as almas de todos. (63)

………………………………………………………………………

-(…)  O que sucede é que este é un país de burricáns enon entenden as sutilezas. (67)

…………………………………………………..

-Sempre hai un simpático que vive nunha dimensión oposta á das traxedias (….)

(71)

…………………………………….

Non foi doado para a Policía Científica desubrir que oruantec era o nome revirado dun centauro común (73)

……………………

-O papagaio, Caxide, regaloullo á profesora de inglés do instituto, para que non perdese o aprendido (75)

……………………………….

As pedras son algo máis novas que Deus (88)

Xosé Manuel Eyré

Comentarios pechados