Menu Xerais

Suso de Toro: «A sensación de crise profunda da sociedade tamén opera dentro de min»

A web de Onda Cero reproduce a entrevista que a xornalista Susana Pedreira lle fixo ao escritor Suso de Toro en torno ao libro Somnámbulos na libraría Cronopios de Pontevedra.

 

Suso de Toro: «Un escritor ten que comprender a todos os seus personaxes»

O escritor compostelán volveu escribir despois de catros anos de silenzo e faino en torno á memoria: a histórica, a de país e a persoal… a memoria que tememos perder coa idade, a selectiva que nos fai lembrar só o que interesa ou o que non doe… “Somnámbulos” recolle tres relatos que non dan respiro emocional ao lector, breves pero intensos e demoledores que sacuden ao lector en cada frase. Nesta entrevista Suso de Toro explicounos que conteceu na súa cabeza e na súa vida para volver escribir. Unha conversa entre micros e libros que aquí podes escoitar integramente e na que o escritor fala da vida sen medir as palabras.

Deixa un comentario!