Menu Xerais

Suso de Toro anuncia o tema da súa próxima obra narrativa

95ac9d80958ab0e5544b3c2b295d01182145145b

A periodista Helena Domínguez informa no seu blog que no seo dunha conferencia que Suso de Toro pronunciou na facultade de Filoloxía da Universidade de Barcelona adiantou o tema da súa próxima obra. «Os interrogantes suxeridos por unha foto de seu pai fronte á porta tapiada da súa casa natal, en Zamora, levaron a Suso de Toro a investigar a propia historia familiar, como materia prima literaria da súa próxima obra.  ‘Estou escribindo unha viaxe ao pasado”, recoñeceu o autor compostelán, “o libro que estou a preparar estame saíndo confesional, investigando o meu avó e o meu pai, estoume coñecendo a min mesmo’». Esta nova obra será publicada por Xerais na colección Narrativa no primeiro semestre de 2009.

Comentarios pechados