Menu Xerais

Suso de Toro, Premio da Crítica de creación literaria por «Sete palabras»

Suso de Toro recibiu onte o Premio da Crítica de creación literaria por Sete palabras, a súa novela máis recente. O xurado, que outorgou o premio por unanimidade, valorou que Sete palabras «é unha obra na que se recolle a súa evolución como escritor, respondendo ás esencias galegas sen renunciar á universalidade». Tamén o «tratamento de temas fundamentais, como a memoria, o auto-coñecemento e a referencia ao pasado como fórmula para entender o presente e proxectar o futuro». Ademais, apreciou a «subversión dos xéneros tradicionais e a experimentación formal, cun resultado orixinal que nos sitúa ante un autor de referencia no noso sistema literario». Integraron o xurado Luís González Tosar, gañador da edición anterior, Xosé Manuel Estévez Sáa, Rexina Rodríguez Vega, Alfredo Conde e Isabel Mociño González. Suso de Toro xa obtivera este mesmo premio en 1987 por Polaroid, o seu primeiro libro publicado na colección Narrativa de Xerais.

Comentarios pechados