Menu Xerais

Suso de Toro presentou en Santiago “Un señor elegante”

O Panteón de Galegos Ilustres acolleu no día de onte a presentación pública da novela Un señor elegante de Suso de Toro.

A TVG recolleu a nova que se pode visulizar neste enlace

“Un señor elegante” e un escritor disposto a dalo a coñecer. Suso de Toro, nesta última novela preséntanos unha familia, a dos Baltar de Padrón e Santiago e, sobre todo, un membro : Ramón Baltar, modelo de resistencia e dignidade ante o franquismo.

A novela non discorre desde a ficción. Narrador e escritor fúndense para contar feitos reais en que aparecen personaxes ilustres
Tamén a Murguía e Rosalía de Castro. Tamén estará Baltar na reconstrución da cultura galega. Escrita desde a investigación, na presentación en Compostela falouse da novela como unha obra chamada a ser referencia da nosa historia literaria pero tamén na nosa historia. Máis de cincocentas páxinas dun intensísimo traballo de documentación

Nesta revisión atopou Suso de Toro unha esperanza para o país. Na presentación música para esa esperanza, ‘Lela’, un poema de Castelao interpretado pola cantora Uxía.

(Servicios infomativos da TVG)

Comentarios pechados