Menu Xerais

Suso de Toro, recoñecido coa Creu de Sant Jordi polo goberno catalán

O escritor Suso de Toro foi recoñecido polo Goberno da Generalitat coa Creu de Sant Jordi, a máis alta distinción que se concede no país. A Generalitat ve en Suso de Toro un excelente valedor da personalidade de Cataluña, proxectando, a través do seus libros e artigos, «unha visión positiva da identidade catalá e explorando vías de diálogo sobre a realidad política española». Tanto os medios galegos como Sermos Galiza, Faro de Vigo, El Correo Gallego, etc, como loxicamente a prensa catalana recolleron esta información, que tamén se puido ler en El País.

Canda o galego Suso de Toro, a Generalitat recoñeceu tamén aaos sindicatos UGT e CC.OO. e ao escritor barcelonés Jaume Cabré.

 

 

Comentarios pechados