Menu Xerais

Tabela dos libros: un ranquing para os mellores libros do mes

O blog Criticalia de Armando Requeixo inaugura hoxe unha nova sección a través da que pretende elaborar un ranquing mensual dos mellores libros publicados en galego. Na iniciativa participan cinco críticos literarios: Héitor Mera Herbello, Inmaculada Otero Varela, Montse Pena Presas, Manuel Rodríguez Alonso e o propio Armando Requeixo. No ranquing aparece a clasificación elixida por cada un dos críticos, así como o resultado final. Neste primeiro ranquinga, aparecen tres libros de Xerais nos tres primeiros postos: 1)  Iria, de Anxo Angueira (compartido), 2) 15.724, de Xesús Constela, 3) A derrota de Galicia, de Antón Baamonde.

 

 

Comentarios pechados