Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: 2017

Eva Mejuto: «O tema da transexualidade sempre foi tratado dende unha perspectiva escura, dende a marxinalidade, ligándoa á prostitución»

O xornal Diario de Pontevedra publiou unha entrevista con Eva Mejuto sobre a súa novela 22 segundos.   Eva Mejuto: «Aínda quedan moitas cousas das que falar» A primeira novela que trata o tema da transexualidade na literatura galega é obra da sanxenxina.

A novela «Principio de incerteza», de Pilar Ortega, gaña o Premio Ánxel Fole de narrativa curta

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobreo fallo do Premio Ánxel Fole de narrativa curta, que gañou a escritora Pilar Ortega coa novela Principio de incerteza.   «Principio de incerteza» de Pilar Ortega, premio Ánxel Fole Despois de varios meses de lectura escollemos onte no concello de Lugo, entre 49 orixinais, a obra gañadora do Premio Ánxel Fole de narrativa curta.

Novidade: «Calendario Xerais 2017. Magar»

O Calendario Xerais 2017. Magar é unha novidade anual de Xerais. Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto que inclúe festivos e fases da lúa) con 13 fotografías do fotógrafo Manuel García Castro, MAGAR. Cada unha destas fotografías de Magar agocha unha historia secreta que podemos rememorar ou imaxinar. Cada imaxe é un microrrelato visual de vidas anónimas e de esforzos ou tristezas colectivas.