Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_alternativa_está_aquí

Un verán cheo de libros

O verán foi moi activo para os libros de Xerais.

Actos de Xerais no Festigal 2014

A décimo cuarta edición do Festigal, que terá lugar o 25 de xullo (Día da Patria Galega) no Campus Sur de Santiago de Compostela acollerá, entre outras, a presentación (ás 20:30 horas) do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto e do libro de relatos de Xavier Queipo 55 (ás 21:00 horas).

Presentación de “A alternativa está aquí” de María Reimóndez na Feira do Libro de Rianxo

O venres, 25 de xullo, ás 13:00 horas, no Salón de Actos do Concello de Rianxo e dentro dos actos organizados con motivo da Feira do Libro de Rianxo, terá lugar a presentación do libro A alternativa está aquí de María Reimóndez.

Un libro práctico no día a día contra a inxustiza: «A alternativa está aquí» de María Reimóndez. Crítica de Pilar Ponte

O Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Pilar Ponte sobre o libro A alternativa está aquí de María Reimóndez. A recensión crítica pode lerse ou descargarse neste enlace.

María Reimóndez: «As posturas máis revolucionarias están nos actos máis pequenos»

A xornalista Montse Dopico publicou na revista Luzes unha entrevista con  María Reimóndez centrada no seu ensaio A alternativa está aquí. (Fotografía de Olalla Lojo)     María Reimóndez: «As posturas máis revolucionarias están nos actos máis pequenos» Chamáronlle dogmática. Panfletaria. Radical desaforada. Viuse envolvida en mil polémicas. E nunca deixou de dar a cara. Nin agachou a orella.

«A viaxe de Gagarin», en narrativa; «A illa de todas as illas» en Xuvenil; e «A alternativa está aquí» en ensaio encabezan os libros máis vendidos en maio

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante o mes de maio de 2014 a partir da información proporcionada por 15 librarías galegas. A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz, en Narrativa; A illa de todas illas, de Xabier P. Docampo, en Xuvenil; e A alternativa está aquí de María Reimóndez, en Ensaio; encabezan os listados dos libros máis vendidos.

Presentación en Oleiros de “A alternativa está aquí” de María Reimóndez

O xoves, 29 de maio, ás 20:00 horas, no Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro en Santa Cruz de Oleiros, terá lugar a presentación do libro A alternativa está aquí de María Reimóndez. No acto, organizado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda e Xerais, participarán Ana Mourelle, Vicepresidenta da A.C. Alexandre Bóveda e María Reimóndez.

Presentación en Lugo de “A alternativa está aquí” de María Reimóndez

O xoves, 22 de maio, ás 20:00 horas, na librería Trama, Avda da Coruña, 21 de Lugo, terá lugar a presentación do libro A alternativa está aquí de María Reimóndez. No acto participarán Branca Rodríguez Pazos, Manuel Bragado e María Reimóndez.

«A memoria da choiva», en narrativa; «Estación de Tránsito» en Infantil e Xuvenil; e «A alternativa está aquí», en ensaio encabezan os libros máis vendidos en abril

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante o mes de abril de 2014 a partir da información proporcionada por 13 librarías galegas. A memoria da choiva, de Pedro Feijoo, en Narrativa; Estación de Tránsito, de Rosa Aneiros; e A alternativa está aquí de María Reimóndez, en Ensaio; encabezan os listados dos libros máis vendidos.

Pautas de comportamento contra o pensamento único: «A alternativa está aquí» de María Reimóndez. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre o libro A alternativa está aquí de María Reimóndez.

O libro «A alternativa está aquí», de María Reimóndez, estrea web co ánimo de crear debate

O ensaio A alternativa está aquí, de María Reimóndez, que foi o máis vendido na súa categoría durante o mes de marzo, estrea nova web.

«A memoria da choiva», en narrativa; «Penúltimas tendencias», en poesía; «Estación de Tránsito» en Infantil e Xuvenil; e «A alternativa está aquí», en ensaio encabezan os libros máis vendidos

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante o mes de marzo de 2014 a partir da información proporcionada por 15 librarías galegas.