Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_balada_dos_unicornios

Once títulos de Xerais forman parte da Selección OEPLI, 2018

A OEPLI e as súas seccións territoriais: Consejo, ClijCat, Galtzagorri e Gálix, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, edita o catálogo LITERATURA INFANTIL E XUVENIL ESPAÑOLA. Selección OEPLI 2018. Un libro/catálogo coa selección bibliográfica dos mellores libros infantís e xuvenís de escritores e ilustradores españois publicados ao longo do ano pasado.

Dezaseis títulos publicados por Xerais optan aos Premios da IV Gala do Libro Galego 2019

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) convocan a cuarta edición dos Premios Gala do Libro Galego, que se celebrará sábado 11 de maio de 2019 no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Dazaseis títulos publicados por Xerais están entre as obras finalistas: Ensaio e investigación - Común temos a patria.

Ledicia Costas: «Síntome moi cómoda adentrándome na historia e ir tecendo eu a miña propia trama neses espazos que quedan sen escribir». Entrevista en Radiofusión sobre: «A balada dos unicornios»

O libro: A balada dos unicornios, de Ledicia Costas, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Henrique Sanfiz, Esther Val e Andrés C.M. Ribeira.

Unha boa e áxil lectura dunha das voces máis importantes do panorama galego de literatura xuvenil.: «A balada dos unicornios», de Ledicia Costas. Anotación no blog: «De perdidos al libro»

Daniel P. publicou no seu blog, De perdidos al libro, unha anotación sobre o libro: A balada dos unicornios, de Ledicia Costas, ilustrado por Mónica Armiño. O libro recibiu o Premio Lazarillo 2017 – Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro xuvenil, 2018 – Premio Fervenzas Literarias á Mellor capa de LIX do 2018, e está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Camaleón.

Os Premios Fervenzas Literarias recoñecen a Xerais como a mellor editorial do 2018 e premian varias das súas obras e autoras

    A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos lectores/as do portal a través de votación web. Esta é unha interesante iniciativa que se abre á participación e á opinión dos lectores e lectoras, aos que agradecemos o recoñecemento de Xerais como a mellor editorial do ano 2018, así como os resultados obtidos polos libros publicados pola nosa editorial.

Unha gran novela ateigada de corvos, unicornios, vapor, engrenaxes e nenas e nenos que atesouran o mellor de nós: «A balada dos unicornios», de Ledicia Costas. Crítica na revista Tempos Novos

A revista Tempos Novos publicou unha recensión crítica de Fran P. Lorenzo sobre o libro: A balada dos unicornios, de Ledicia Costas, ilustrado por Mónica Armiño. O gañou o Premio Lazarillo 2017 e está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Camaleón. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Un mundo complexo cheo de criaturas fantásticas, países sorprendentes e momentos sensacionais. «A balada dos unicornios», de Ledicia Costas. Crítica de Eli Ríos en A Sega

A Sega, unha plataforma de crítica literaria que traballa por visibilizar o labor das mulleres na literatura, publicou unha recensión de Eli Ríos sobre o libro: A balada dos unicornios, de Ledicia Costas, ilustrado por Mónica Armiño. O libro gañou o Premio Lazarillo 2017, e está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Camaleón.

Unha aventura sobre o amor, os sentimentos, a importancia de loitar pola liberdade e a amizade: «A balada dos unicornios», de Ledicia Costas. Crítica de David González no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: A balada dos unicornios, de Ledicia Costas, ilustrado por Mónica Armiño. O libro recibiu o Premio Lazarillo 2017, e está editado por Xerais na colección infantil e xuvenil Camaleón.

Presentación en Santiago de “A balada dos unicornios” de Ledicia Costas

O mércores 7 de novembro de 2018 ás 20:00 horas en NUMAX, Concepción Areal, 9, Santiago, terá lugar a presentación do libro A balada dos unicornios de Ledicia Costas, Premio Lazarillo 2017. No acto participarán Montse Pena Presas, Fran Alonso e Ledicia Costas.

Cando a fantasía afunde as súas raíces na realidade. «A balada dos unicornios», de Ledicia Costas. Crítica no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura do Faro de Vigo publicou unha anotación de María Navarro sobre o libro: A balada dos unicornios, de Ledicia Costas, ilustrado por Mónica Armiño. A obra está editada por Xerais na colección infantil e xuvenil Camaleón, e gañou o Premio Lazarillo 2017. A anotación pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ledicia Costas: «Este é un libro do que pode gozar calquera tipo de público» Entrevista en Televigo sobre: «A balada dos unicornios»

Televigo emitiu unha entrevista con Ledicia Costas sobre o libro: A balada dos unicornios, ilustrado por Mónica Armiño e gañador do Premio Lazarillo 2017. O libro foi publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Camaleón. A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 17´.

Ledicia Costas: “Defendo que dende o galego se pode chegar plenamente a calquera sistema literario do mundo”. Conversa co editor Manuel Bragado na revista Luzes 60

O editor Manuel Bragado recolle no seu blog Brétemas a entrevista que mantivo coa escritora viguesa Ledicia Costas, publicada na revista Luzes 60.